Vigo en galego con Rosalía. Alumea a túa lingua!

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVigo
A-
A+

A Concellería de Normalización Lingüística programa para os vindeiros días varios actos de homanaxe a Rosalía de Castro para celebrar o 150 aniversario da edición de “cantares galegos”. Beade, Comesaña , o Calvario e Urzaiz serán os lugares de encontro.

Venres 15 de marzo: “Rosalía, unha meniña”

Contacontos dramatizado. A vida e a obra, a súa poesía… A historia dunha nena que soubo sentir, escoitar e cantar na lingua nosa.
-Ás 17:00h no Centro Cultural de Beade

-Ás 18:30h no Centro Cultural Nautilius de Comesaña

Sábado 16 de marzo: Lecturas compartidas de Rosalía de Castro

Lectura de textos de Cantares Gallegos de Rosalía na rúa

-Ás 11:30 h no mercado do Calvario

Xoves 21 de marzo:Rosalía noutras linguas

Achégate a recitar poemas de Rosalía de Castro traducidos a outras linguas e outros textos adicados á poeta. Colabora a UVIGO

-Ás 19:00 h no farol de Urzáiz

14 de marzo de 2013 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.