Vigo coopera co Cineclub Lumiére para a proxección de películas en versión orixinal

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Auditorio Municipal acollerá todos os luns do ano (a exepción de xullo e agosto) a exhibición unha película en versión orixinal. Un convenio asinado hoxe luns entre o alcalde e o responsable da entidade determina que o Concello aportará 13.500 euros, ademais da cesión do Audotorio Municipal.

O alcalde de Vigo asinou hoxe luns un convenio de colaboración co Cineclub Lumiére para a organización da programación e proxección de películas en versión orixinal. O Concello achega a cesión do Auditorio Municipal para as exhibicións e 13.500 euros, mentres que a entidade cultural asume a programación anual de filmes, ademais de facerse cargo das infraestruturas técnicas e humanas precisas. As proxeccións serán todos os luns do ano ás 20,30 horas, con excepción dos meses de xullo e agosto.

Cineclub Lumiére Vigo é a única entidade deste tipo que existe na provincia e unha das tres que funcionan no resto de Galicia.

18 de marzo de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.