VI Charlas de Saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

20130313-3As VI Charlas de Saúde centrarán mañá as actividades que se desenvolven dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.

Mañá impartirase a primeira das charlas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes aspectos relacionados coa saúde na muller.

Este xoves día 14 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da  Casa da Cultura ofrecerase a conferencia:

“Revisións xinecolóxicas: cando facelas e por qué?

Poñente: Dra. Ana María Casal Rivas.

Xefa do Servizo de Obstetricia do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

A segunda destas charlas terá lugar o vindeiro xoves día 21 de marzo e versará sobre a migraña.

13 de marzo de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.