Unha vintena de veciñas completaron un curso de formación en axuda a domicilio

Alumnas do obradoiro
Unha vintena de veciñas de Frades completaron hoxe mércores un curso de formación en Axuda a Domicilio de 100 horas lectivas organizado polo Concello de Frades. Durante os dous últimos meses, estas alumnas asistiron a clase todos os días no multiusos de Frades, a razón de catro horas diarias.
Un tempo no que aprenderon cuestións relacionadas con aspectos físicos, psíquicos e sociais dos maiores, así como os coidados básicos que requiren as persoas dependentes: alimentación, hixiene, comunicación, mobilización… Deste xeito, estas alumnas completaron un terzo das horas de formación non formal esixidas para obter o certificado de profesionalidade (300 horas).
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, felicitou ás alumnas polo seu esforzo ao longo destes últimos dous meses e amosouse convencido de que esta formación “pode servir tanto para buscar unha saída laboral como para tratar aínda mellor aos nosos maiores e dependentes”. Un sentimento que foi compartido pola a maior parte das alumnas, que recoñeceron que se apuntaron a este curso coa esperanza de atopar unha saída laboral no sector de axuda a domicilio, un campo no que moitas delas mesmo xa tiñan algún tipo de experiencia previa.











