Unha unidade móbil realizará mañá a inspección técnica de ciclomotores e motos en Tomiño
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos, desprazarase mañá, 13 de marzo, ata Tomiño para realizar a revisión periódica de vehículos de dúas rodas (ciclomotores, motocicletas e quad’s).
As inspeccións realizaranse en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas na explanada da Policía Local de Tomiño.
As persoas interesadas poden pedir cita previa no número 902 309 000 ou acceder á páxina web www.sycitv.com











