Unha traballadora social atenderá aos asociados previa cita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A xunta directiva da Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, informa de que unha traballadora social da asociación recibirá, previa solicitude de cita, ós asociados que así o precisen ou demanden.

As entrevistas coa traballadora social celebraranse no local de Asomamos do centro Multiusos das Pozas todos os martes en horario de 10.00 horas a 12.00 horas.

O teléfono no que se pode pedir cita é o 679 037 299.

19 de marzo de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.