Un tramo do paseo do Malecón pecharase ó tráfico o vindeiro luns
A concellería de tráfico informa que o próximo luns día 11 de marzo vaise proceder a desmontar o guindastre instalado no paseo do Malecón para a realización de obras de rehabilitación nun edificio.
Por este motivo, a citada rúa permanecerá pechada ó tráfico, entre a canella lateral do ambulatorio e a praza do Dr. Goyanes, dende as oito da mañá e ata que rematen os traballos, posiblemente arredor das 20:00 horas.
Os desvíos alternativos para acceder ó centro urbano serán polas rúas Ronda Maria Emilia Casas Baamonde – rúa Chantada e por rúa San Pedro – Calvo Sotelo – Roberto Baamonde.
Dende a concellería de Tráfico pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse.











