Un grupo de máis de 65 pais, nais e nenos/as de Guitiríz achegáronse ao XIV Salón do Libro
Mañá ás 11:24 horas un grupo de país, nais e nenos/as de Guitiriz chegarán en tren ao apeadeiro Pontevedra- Universidade para aproveitar a última oportunidade de visitar o Salón do Libro, que contará mañá ás 12:00 horas cunha homenexe a Marilar Aleixandre, un obradoiro de Títere Hop para nenos/as de 13 a 17 anos ás 17:30 horas e o concerto para público familiar “Ollos de mel”.
Beneficiándose do desconto que proporcionou Renfe aos grupos de visitantes que contactaran previamente coa organización, entre ás 11:24 (hora de chegada) e ás 18:54 (hora de saída) o grupo composto por xente de todas as idades realizará una visita guiada ao Salón do Libro, asistirá ás diferentes actividades programadas para mañá na derradeira xornada do Salón, e percorrerá Pontevedra coñecendo a súa historia nun roteiro “Pontevedra cara o futuro”.
Unha visita moi especial que deixa de novo patente que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra segue a traspasar fronteiras e nesta nova edición que está a piques de rematar, congregou público procedente de toda Galicia.











