Un grupo de 26 persoas de Olonne sur Mer viaxarán á Laracha a principios de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocalLocal Portada
A-
A+

Os municipios da Laracha e de Olonne sur Mer continúa desenvolvendo en común programas e actividades dirixidos a estreitar os lazos de amizade entre as habitantes de ambos concellos, posibilitando ao mesmo tempo a promoción turística e favorecendo a transmisión da cultura e a aprendizaxe dos idiomas.

Desde que os municipios se irmanaron oficialmente en 2010, cada ano un grupo de olonnais visitan o Concello da Laracha e viceversa coincidindo con datas de especial significado pola celebración de importantes eventos ou actos festivos.

Nesta ocasión desde o Comité de Irmanamento de Olonne sur Mer comunicaron ao Concello da Laracha que un grupo de 26 persoas desexan asistir á Feira das Cereixas de Paiosaco, a máis importante das celebracións gastronómicas do noso municipio e que terá lugar no primeiro domingo de xullo, isto é, o día 7 dese mes.

Aproveitando a ocasión este grupo de olonnais visitarán durante a súa estancia outros puntos do Concello, da Costa da Morte e tamén de Galicia, xa que a maioría deles é a primeira vez que viaxan ao noroeste de España.

O Concello da Laracha convocou para o próximo mércores ás 13.30 horas unha reunión do Comité de Irmanamento para explicarlles aos seus membros polo miúdo os detalles da visita e consensuar o programa para eses días.

4 de marzo de 2013 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.