Un concerto de marchas procesionais para iniciar a Semana Santa

Presentación do concerto
O primeiro teniente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, xunto co director da Banda de Música de Castrelo, José Bugallo, o vicepresidente da asociación musical, Sebastián Prieto, e o cura párroco de Santa Mariña, José Aldado, presentaron o concerto de marchas procesionais que se vai celebrar o luns, ás 21 horas, como un dos primeiros actos do programa da Semana Santa 2013.
Según José Bugallo, a banda pretende que se coñeza de xeito máis profundo unha música procesional que se escoita moitas veces nas rúas, pero da cal se ignoran as súas orixes. A maioría das pezas que se van interpretar procede de Andalucía, onde existe unha gran tradición e arraigo destas celebracións sacras.
O teniente alcalde emailo cura párroco coincidiron ó salientar a importancia do traballo das máis de cen persoas comprometidas coa Semana Santa en Cambados, e que nos últimos anos veñen protagonizando un fondo rexurdir destas celebracións relixiosas.
A música da Banda de Castrelo estará presente nos momentos máis trascedentes da programación da Semana Santa, que principiarán o Domingo de Ramos coa benzón dos mesmos na praza de Fefiñáns, ás 11.30 horas.
O Xoves Santo, ás 19 horas, vaise celebrar a Cea do Señor, co tradicional Lavatorio de Pés, sermón do Mandato e traslado do Santísimo ó monumento. A procesión do Ecce Homo sairá as 21 horas dende a capela de San Tomé ata a igrexa parroquial.
O Venres Santo comeza o programa sacro co Encontro, na praza Alfredo Brañas, ás 9.30 horas, mentres que o Vía Crucis na parroquial será as 12 da mediodía. Pola tarde, ás 17 horas, liturxia na igrexa de Santa Mariña e, ás 19 horas, Desencravo na igrexa de Fefiñáns para, de seguido, dar saída á procesión do Santo Enterro. Ás 22.30 horas procesión nocturna e sermón da Soedade, que sairá da igrexa parroquial e rematará na igrexa de Fefiñáns.











