Un centenar de usuarios do Juan María reciben unhas xornadas de educación vial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+
Xornadas de educación vial

Xornadas de educación vial

O concello de Nigrán, en colaboración coa Policía Local e a Dirección Xeral de Tráfico, ofreceu entre onte e hoxe unhas sesións de educación viaria aos usuarios do Centro Juan María. Estas xornadas, enmarcadas enmárcanse dentro dunha iniciativa de educación viaria posta en marcha polo goberno municipal dirixida ao alumnado de educación infantil no curso 2011/2012, e no presente curso aos alumnos de primaria dos centros de Nigrán, así como aos usuarios do Centro Juan María.

Nas dúas xornadas, preto de 100 usuarios deste centro puideron pór en práctica os contidos traballados previamente co seu profesorado e educadores, nun circuíto instalado no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, con semáforos para vehículos e peóns, pasos de peóns, rotondas e múltiples sinalizacións, que percorreron tanto a pé como montados en bicicletas adaptadas e en cars eléctricos.

“O obxectivo último desta iniciativa non é outro que favorecer a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual, reforzando o coñecemento das normas de circulación peonís, así como os hábitos de comportamento e prudencia no desprazamento e cruzamento de rúas, e tamén no uso da bicicleta”, explicou o rexedor municipal, tras visitar hoxe a actividade xunto coa Xefa Provincial de Tráfico de Pontevedra, María Vitoria Gómez.

22 de marzo de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.