Tomiño participa no “Rías Baixas Bike Race” que percorrerá tamén Nigrán e Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalTomiño
A-
A+
Presentación da RBBC

Presentación da RBBC

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño participará, xunto a Nigrán e Gondomar no primeiro “Rías Baixas Bike Race”. A proba terá lugar os vindeiros 29, 30 e 31 de marzo e percorrerá os tres municipios.

A proba foi presentada onte, martes, 26 de marzo,  nas instalacións de Begano – Coca Cola en Vigo. No acto estiveron presentes o director da proba, Javier Sánchez de Team Relay (firma organizadora), xunto con Ricardo Terceiro (Federación Galega de Ciclismo); Natalia Salgueiro (concelleira de Deportes do Concello de Gondomar); Maria Troncoso (Coca Cola), e o representante de Ibericar Galicia.

Na presentación déronse a coñecer os pormenores da proba por etapas de ciclismo de montaña na especialidade de maratón. Nesta edición esta confirmada a participación de máis de 200 corredores procedentes de diversos puntos de España e Portugal. Resaltar a gran cantidade de participantes de fora de Galicia que supón un 40 % do total. Todos eles, ao longo de tres días, disputarán tres probas que os levarán por sendas de los montes do sur de Pontevedra.

Entre os principais favoritos para lograr o triunfo se atopan os dous corredores do Extremadura-Specialized: Pedro Romero e Alejandro Díaz de la Peña. Tamén o portugués Gonçalo Amado e os galegos Brandan Marquez (Team Corbelo) e Javier Busto (De la Fuente) parten con posibilidades nesta cita.

Na categoría feminina agárdase un duelo ente a galega Susana Alonso e a portuguesa Joana Barbosa.

A competición nace co obxectivo de sumarse ás carreiras por etapas (última tendencia en probas de BTT) e pretende ser un reto para os afeccionados ao mountain bike, tanto profesionais coma amateurs. Deste xeito, os participantes poderán compartir esforzo e dificultades con algúns dos mellores bikers a nivel nacional e internacional.

Esta proba pretende tamén “poñer en valor o territorio das Rías Baixas, visitando as paraxes máis espectaculares da zona e combinándoas con sendas de maior ou menos esixencia deportiva.

A competición individual desenvolverase en tres categorías: masculina, feminina e equipos, cuxa clasificación farase a partir da suma dos 3 mellores tempos de cada equipo en cada etapa.

Prevense tres etapas individuais nas que os participantes contarán cun sistema electrónico de control de tempos, avituallamento, asistencia médica e outros servizos.

Os premios, valorados na súa totalidade en 2.450,00 euros, repartiranse entre os primeiros clasificados de cada etapa e da xeral.

Os organizadores contarán con 210 participantes nesta primeira edición: entre eles, algúns dos principais ciclistas españois e portugueses da modalidade BTT. En vindeiras edición agardan superar estas cifras, segundo a proba vaia consolidándose.

Pódese solicitar máis información no enderezo electrónico  info@teamrelay.es

A concelleira responsable de Deportes, Cristina Martínez, salienta o compromiso do goberno local de Tomiño co fomento das distintas manifestacións deportivas, co obxectivo de promover todas as disciplinas e non so as tradicionais, coma o fútbol ou o baloncesto.

27 de marzo de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.