Teatro infantil coa obra “O bufón do reino”
O Salón de Actos do Concello de Nigrán acollerá o sábado 23 de marzo a obra de teatro infantil “O bufón do reino”, a cargo da compaña Pinga Teatro. Esta peza teatral, dirixida a toda a familia e que require a participación activa do público en determinados momentos, ten lugar nun reino cuxo rei, de súpeto, non quere falar nin rir. A chegada dun bufón acabará devolvendo a risa e o sorriso ao rey, e a todo o reino. O prezo da entrada será de 3,5 euros por persoa.











