Allariz convida a 14 Bloggers do colectivo Tapas&Blogs a coñecer a súa gastronomía

Presentación de “Tapas & Blogs Galicia”
Organizado pola empresa de promoción turística; Rural Consulting e coa colaboración do Concello de Allariz, A Fundación Ramón González Ferreiro, as comunidades de montes de Amiadoso, Torneiros e Seoane e os locais de hostalería, O Pepiño, A Micalla, Fandiño Tapas, Roi Xordo, Hostal Alarico e Bar Novo, este evento pretende promocionar a gastronomía local e o Turismo en Allariz, nas redes sociais.
A xornada comezará o sábado 16 as 11:00h e rematará o Domingo 17, a mesma hora, cun almorzo ofrecido polo Concello de Allariz, no que será analizada a repercusión do evento.
Os bloggers visitarán a granxa de O Rexo, para coñecer in situ a elaboración do queixo de ovella, a explotación gandeira de Penamá, o mercado da Reserva da Biosfera que se celebra cada sábado, no que se fará unha degustación que incluirá produtos como a cervexa Dama Alaricana, os embutidos de Vilaboa, as conservas vexetais de Carabuñas e o recente estreado Leite ecolóxico Ecoleia e celebrando despois un xantar. O día rematará cunha ruta de tapas nocturna polos locais hostaleiros que colaboran neste evento.
Os organizadores teñen postas grandes expectativas neste encontro, xa que el acudirán os mellores bloggers gastronómicos galegos, que son seguidos por millóns de persoas mensualmente.
Tapas & Blogs
É un colectivo formado por bloggers e persoas relacionadas co mundo do Social Media -especialmente Twitter- que iniciou as súas actividades en xaneiro de 2010 en Madrid, unidos pola paixón pola Gastronomía.
Fundado por Alfonso López, ourensán do blog “Recetas de rechupete”, ao que se uniron outros bloggers colaboradores como Daniel Martinez (blog “El monstruo de las galletas”), Lúa Monasterio (periodista gastronómica e Community Manager da Guía Repsol) e Alejandra Feldman (bloguera e periodista gastronómica).
Mensualmente realizan actividades como: visitas a restaurantes, a empresas do sector gastronómico, adegas, espazos gastronómicos, mercados, escolas de cociña, showcookings e eventos con cociñeiro de prestixio, e todo elo realizando “networking”, é dicir, dando difusión de todo elo nas redes sociais e creando sinerxías entre eles e os seus seguidores.
Delegación de Galicia de Tapas & Blogs
Dado que o fundador; Alfonso López é galego comezouse a fraguar hai uns meses a idea de crear unha “delegación” de Tapas&Blogs en Galicia, apoiada por un colectivo de bloggers gastronómicos de calidade que existen na actualidade aquí.
En Outubro de 2012 acudiron ao evento “Sabores de Ourense”, organizado polo Concello de Ourense ao que acudiron 12 bloggers procedentes de Madrid e 8 galegos. As estadísticas deste evento xeraron 22 millóns de impactos en Twitter para los hastags #Ourense e #saboresdeourense.
Neste evento puxéronse as bases para crear a delegación de Galicia e tras uns meses de preparación do proxecto, o grupo comezará as súas actividades oficiais o próximo día 16 de marzo en Allariz (Ourense). No encontro participan Alfonso López como “alma mater” do proxecto, contando con Carmen Albo (Vigo) e Rubén Amorín (Ourense) como responsables da delegación galega e outros 11 bloggers e periodistas gastronómicos.
En Allariz redactarase a folla de ruta do grupo, que continuará realizando nos próximos meses outras actividades promocionando os bos produtos e restaurantes que nos proporciona a gastronomía de Galicia.
PARTICIPANTES NO EVENTO DE ALLARIZ
Alfonso López (Ourense), blog “Recetas de Rechupete”.www.recetasderechupete.com
Carmen Albo (Vigo), blog “Guisándome la vida”www.guisandomelavida.com
Rubén Amorín (Ourense), blog “Ni mata ni engorda” www.nimataniengorda.com
José Luis Oliveira (Ourense), blog “Bo proveito” http://boproveito.blogspot.com.es/
Laura Eiriz (Vigo), blog “La cocina de mezquita” http://www.lacocinademezquita.com/
Mercedes Blanco (Vigo) y David Rodriguez, blog “La aprendiz de chef” http://laprendizdechef.blogspot.com.es/
Marta Valcarce (Vigo), blog “Travi en la cocina” http://travienlacocina.com/
Loly Llano (A Coruña), Blog “O Garfelo” http://ogarfelo.blogspot.com.es/
Víctor Blanco (A Coruña), blog “O Bandullo” http://obandullo.blogspot.com.es/
Fidel Martín (Santiago), Blog “El turista cultural”, http://elturistacultural.com/
Manual Bustabad (A Coruña),Blog “Vagón de cola” http://vagondecola.expreso.info/
Jorge Guitián (Santiago) y Anna Mayer (Italia), periodista gastronómico él y docente gastronómica ella.http://gourmetymerlin.blogspot.com.es/
PROGRAMA EN ALLARIZ
11-11:30h Café de benvida e recepción dos participantes
11:30h Visita ao Ecoespazo de O Rexo e Queixería.
13:00h Mercado da Biosfera (Allariz): productos ecolóxicos e artesáns dos concellos que forman a Reserva da Biosfera
14:30h Comida na Taberna Pepiño e sobremesa
18:00h Visita á explotación gandeira de Penamá e a Granxa de leite ecolóxico
21:30h “Ruta de tapas” por Allariz.











