Taller de memoria en Corme
A Concellaría de Cultura e Servizos Sociais do Concello de Ponteceso organiza un taller de memoria na Casa do Mar de Corme, impartido por profesionais na materia, dirixido a terceira idade. Esta actividade encádrase dentro dunha serie de accións formativas da Escola Municipal da Terceira Idade, que o Concello de Ponteceso, tén posto en marcha, con grandes éxitos no envellecemento activo entre a poboación do noso municipio.
Esta nova actividade será na Casa do Mar en Corme, os martes e venres, de 11.00h a 12.30h, e a preinscrición pode facerse na Oficina Municipal en Corme, ou chamando ao 981 738 428.
Impartirán o curso:
Cristina García Haz. Traballadora Social do Concello de Ponteceso.
María Luísa Amado Ceán. Técnica de Cultura e Psicopedagoa.











