Tabeaio acolle a obra de teatro infantil “A verdadeira historia da cigarra e a formiga”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

A compañía coruñesa Teatro do Andamio presentará mañá sábado, ás 18:30 h, no local Xente Nova de Tabeaio o seu espectáculo infantil “A verdadeira historia da cigarra e a formiga”. Esta actuación forma parte da programación de teatro que desenvolve a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

A coñecida historia deste conto transfórmase, e con esta obra teatral descubrirase a cara descoñecida dos personaxes, onde a música e as cancións transforman o primeiro enfrontamento nunha bonita amizade. Un mundo de música e poesía que acurtará a brecha entre o “querer” e o “deber. “

Esta obra obtivo os premios ao mellor vestiario e música no Festival Internacional de Vilnius en Lituania.

A obra vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos de idade. A entrada é de balde.

1 de marzo de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.