Sober conmemora o Día da Muller cunha excursión a Verín e Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober conmemora o Día Internacional da Muller colaborando coas veciñas de Villaoscura e Canabal na excursión que mañá organizan para coñecer as localidades de Verín e Celanova. En total participan na saída 24 mulleres do municipio co propósito de pasar o día xuntas, desfrutar da compañía das veciñas e aproveitar para facer turismo.

O itinerario da visita que van facer é o seguinte:

11.30 Visita ao Castelo de Monterrei

13:00 Visita ao manancial de Cabreiroá

14:00 Xantar

16:30 Visita á vila e ao Mosteiro de Celanova

19:00 Parada en Ourense para merendar un chocolate

O Concello de Sober súmase así, como vén facendo todos os anos, á celebración do Día Internacional da Muller co obxectivo de que cada vez as diferencias entre ambos sexos sexan menores e poder camiñar cara un mundo baseado na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

7 de marzo de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.