Sober brinda en Xantar pola vindeira Feira do Viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSober
A-
A+
Representantes institucionais durante o brindis

Representantes institucionais durante o brindis

O Concello de Sober estivo presente na mostra gastronómica ‘Xantar’, a través dun stand no que se promocionou o municipio e tamén a XXXIII Feira do Viño de Amandi. Ademais da visita da delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, onte visitaron o posto, entre outras autoridades, o conselleiro de Cultura, o delegado da Xunta en Ourense e o alcalde da cidade das Burgas, para conmemorar o día dedicado a Sober. Os representantes institucionais brindaron co alcalde, Luis Fernández Guitián, pola Feira do Viño de Sober que se celebrará o 23-24 de marzo.

11 de marzo de 2013 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.