Sintonizadores de TDT para persoas en risco de exclusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O ministerio de Industria Energía y Turismo comunicoulle ó concello de Monforte que pón á súa disposición varios equipos sintonizadores de TDT coa finalidade de facerllos chegar a aquelas persoas que poidan necesitalos.

Ante este ofrecemento, a concellería de Benestar Social, dirixida por Pilar López, abre a posibilidade de que as persoas interesadas soliciten os sintonizadores de TDT inscribíndose previamente nos Servizos Sociais Municipais, situados na rúa Ricardo Quiroga.

Os sintonizadores de TDT, nunha cifra próxima ós 50, proceden da campaña de Axuda a Colectivos en Risco de Exclusión no proceso de transición á TDT.

As persoas interesadas deben dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais, tendo en conta que os sintonizadores destinaranse a uso propio, estando prohibida a súa venda ou comercialización.

12 de marzo de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.