Sinalización completa do espazo protexido e de especial interés denominado “Torrentes de Mácara”

Pablo Taboada supervisando os sinais
O Concello de Palas de Rei procederá nestes días a sinalización completa do espacio protexido e de especial interese denominado Torrentes de Mácara, lugar no que confluen os concellos de: Antas de Ulla, Palas de Rei, A Golada a escasos metros da confluencia dos ríos Pambre e Ulla, concretamente no lugar do Batán. O conxunto paisaxístico moi frecuentado especialmente na época estival donde se poden observar os lugares das Torrentes de Mácara, así como os espazos próximos ao Río Ulla escenario que alguerga as probas do campeonato galego de kayak extremo así como un punto de referencia nos entrenamentos de numerosos afecionados ao piragüismo.
Nos vindeiros días, está previsto que operarios do ente municipal procedan coas obras de limpeza, desbroce e acondicionamento das marxes do río para a época estival, na que se agarda un significativo repunte das visitas a zona.
O Concello de Palas de Rei dispón na actualidade dunha ruta de sendeirismo homologada denominada: “Ruta pola baixa Ulla” de 22,156 kilómetros de percorrido e dificultade media, con saída do lugar de Carballal pasando por: A Ulloa, San Breixo, Pambre, Torrentes do Pambre, Cabana, Chorexe, Pidre, Coence, Boavista, Albá, Gundiá e Sande. Nembargantes, o Concello Palense está elaborando o proxecto para habilitar outra ruta de sendeirismo na área recreativa das torrentes de Mácara. O obxetivo, segundo explicou o alcalde, Pablo Taboada é sinalar a zona como lugar de interés municipal e atraer o maior número posible de visitantes. Esta segunda ruta chegará ata a desembocadura do río Pambre no Ulla, en Batán.











