Sigüeiro acolle a Festa da Xuventude coa actuación das orquestras Olympus e Canadá
A alameda de Góis (Sigüeiro) acollerá mañá xoves 28 marzo a Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa asociación cultural Néboas no Cumio e coa Comisión de Festas de Sigüeiro. A festa comezará ás 19:00 horas, cun pasarrúas a cargo da asociación cultural Néboas no Cumio.
O prato forte da xornada comezará ás 22:00 horas, cunha gran verbena a cargo das orquestras Olympus e Canadá. Así mesmo, a Festa da Xuventude tamén contará coa acuación dos DJ´s Marcos Magán e Manu López e coa cantante ordense Tania Veiras. En previsión de choiva, a haberá unha gran carpa instalada na propia alameda de Góis, onde tamén se situará unha polbeira.











