Servizos Sociais de Ponte Caldelas tramitan ás solicitudes para o programa de balnearios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

Os Servizos Sociais de Ponte Caldelas tramitan ás solicitudes para o programa de benestar en balnearios ofertado pola Xunta de Galicia.

Persoas beneficiarias:

Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista.

– Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

– Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.

– Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia.

– Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal.

Documentación

– Solicitude

– Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede

– Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede.

Prazo : ata o 12 de abril de 2013.

Información gratuíta Teléfono social: 900 333 666

26 de marzo de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.