Sendeirismo por Monteferro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

A Asociación Cultural das Angustias e a Comisión de Festas das Angustias, en colaboración co Concello de Nigrán, organizan para este domingo 17 de marzo unha ruta de sendeirismo por Monteferro. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Torreiro de Festas das Angustias (Nigrán) cara a Monteferro, visitando os petróglifos As Penisas Pequenas e o  Monumento dedicado aos falecidos no mar, cunha dificultade de ruta media.

Ao finalizar a ruta, a organización ofrece a posibilidade de repor forzas no centro social das Angustias cunha comida popular, cun prezo de 10 euros por persoa. Para ampliar a información contactar co teléfono 616 13 02 59.

15 de marzo de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.