Sendeirismo e pazos en Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

O concello de Nigrán propón como alternativa de lecer para esta semana Santa visitas guiadas aos principais pazos do municipio, así como unha ruta de sendeirismo. A visita aos pazos das Pías, Cea e Touza celebrarase o vindeiro mércores 27 a partir das 17.00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar, unha oportunidade única para coñecer algunhas das xoias do patrimonio local, de forma totalmente gratuíta.

Se as condicións climatolóxicas permíteno, o sábado 30 realizarase a ruta de sendeirismo do Castro, un percorrido dun tres horas de duración con dificultade media media-alta, onde se poderá gozar dunhas vistas marabillosas da ría e a comarca, ademais de pasar por petróglifos, muíños e a fraga de Rodas. O punto de encontro será a oficina de turismo Dunas de Gaifar ás 10.00 horas.

Máis información e inscricións na oficina de turismo a partir do próximo luns 25 no seu horario habitual, ou no teléfono 620 980 073.

22 de marzo de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.