Semana de actividades no Municipio de Salceda
Mañá xoves día 21 a partir das 20h, no Auditorio Municipal do Concello se vai a realizar unha charla informativa sobre o problema hipotecaria, onde membros de ADICAE, baixo o nome de “Hipoteca con dereitos” nos informarán sobre os problemas que se están a dar co sistema hipotecario e como se chega a desencadenar nos desafiuzamentos.
O venres terá lugar a Andaina Nocturna organizada pola Comisión de Festas do Libramento, para o cal hai que realizar unha inscripción previa, a saída terá lugar no torreiro de Festas de San stevan de Budiño ás 22 h. O venres tamén comezará o festival solidario en Salceda, coa presencia dos membros de Osiris Teatro, que recaudará fondos para axudar a enfermos con problemas neuromusculares, representados pola Asociación Galega contra enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia). A cita comezará ás 17:00 coa asistencia da presidenta de ASEM Galicia, Mº Carmen Álvarez, Marina Cabaleiro (Concelleira de benestar social) e Teresa Pérez concelleira de Cultura. Seguirá coa actuación de Carcajadas Show e as 21:30 con “Rosiña a solteira” do grupo de teatro Vamolavirando de A Guarda.
O sábado ás 18:00 h, o Grupo de Teatro Infantil da Asociación Cultural de A Feira comezará a obra ” Aloucura de don Nicarnor”e “Veraneando en Sanxenxo”. Ás 19:30 actuará o grupo de Danza oriental da escola de Danza de Paula Cobián, a ás 21:30 o grupo de triateiros de Vigo
interpretará “Imrpoperio”. E o domingo finalizará, coa Charanga divertida da banda Xuvenil de Salceda, que animará as rúas a partir das 17:30, e as 21:30 Cándido Pazó ofrecerá unha contada. Na clausura participarán Angel de la Cruz, director e guionista de “Arrugas” e “Bosque Animado”, e Marcos Besada, Alcalde de Salceda.











