Santiago súmase á Hora do Planeta co apagado do alumeado do Concello e da Catedral
O Concello quere que este acto simbólico sexa unha chamada de atención á cidadanía sobre a necesidade dun maior aforro enerxético. Santiago únese así a esta Hora do Planeta, promovida por WWF.
Dende hai sete anos, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unen as súas voces contra o cambio climático apoiando a campaña de sensibilización A Hora do Planeta. En 2012, más de 7.000 cidades de 150 países apagaron as luces dos seus principais monumentos e edificios emblemáticos, enviando así unha mensaxe: os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o año.











