Santiago organiza unha xornada sobre a importancia de calcular e certificar a pegada de carbono
A pegada de carbono calcula as emisións de todos os gases de efecto invernadoiro (GEI) asociados a organizacións, eventos ou actividades, ou ao ciclo de vida dun produto, de cara a determinar a súa contribución ao cambio climático, expresada en toneladas de CO2 equivalentes. O obxectivo da xornada é dar a coñecer a importancia de calcular e certificar a pegada de carbono, e como pode converterse nunha vantaxe competitiva para as empresas.
Esta análise abrangue todas as actividades do ciclo de vida dun produto (dende a adquisición das materias primas ata a súa xestión como residuo) permitindo aos consumidores decidir que comprar sobre a base da contaminación xerada como resultado dos procesos polos que pasou. Na xornada contarase coa presenza de empresas de gran relevancia no sector como EQA, Inxenia Desarrollos Tecnológicos, VGG Vascogallega e APROEMA.
A xornada desenvolverase o xoves 21, ás 16:00 horas, no edificio municipal CERSIA. (rúa Raimundo López Pol, s/n). A inscrición pode facerse na web municipal http://axencialocaldecolocacion.org/











