Sanguiñeda acolle a segunda edición do mercado artesanal Dragon Market

Primeira edición do Dragon Market
A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da celebración da segunda edición do mercado artístico e artesanal Dragon Market, organizado polo Proxecto Dragonfly.
A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado, día 23 de marzo, de 10.00 horas a 22.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, xunto á discoteca Queen.
Trátase dunha iniciativa emprendida polo grupo de artesáns e artistas mosenses Proxecto Dragonfly que organizan esta mostra por segunda vez, -a primeira foi en decembro do ano pasado no Pazo de Mos-, coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.
Con esta mostra preténdese fomentar a promoción da artesanía local e incentivar a venta de producto artístico autóctono.











