San Sadurniño acollerá catro cursos da RedeXiana2

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSan Sadurniño
A-
A+

San Sadurniño acollerá catro cursos da rede, que suporán máis de 700 horas de formación no municipio e o acceso ao intercambio de experiencias e coñecementos cos outros municipios participantes.  As accións que se impartirán en San Sadurniño son:

-Comercialización e venda electrónica (30 horas).

-Xerente de empresas de economía social (116 horas).

-Medio ambiente na agricultura (25 horas).

-Actividades auxiliares en agricultura (570 horas).

A RedeXiana2  -Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego-, conta con financiamento provincial e do Fondo Social Europeo. As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos que poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final que se persegue é a maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

O Concello participa no programa enmarcado territorialmente na zona 2, xunto con Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño. As convocatorias dos cursos e os prazos de inscrición publicaranse proximamente.

11 de marzo de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.