Salvaterra presenta a súa programación Infantil para Semana Santa co slogan “Apúntaste??”
O Concello de Salvaterra presenta a súa programación Infantil con motivo da celebración da Semana Santa, co slogan “Apúntaste??”
Diferentes actividades ao aire libre, encadradas na Praza do Concello, onde os máis cativos do municipio poderán desfrutar de diferentes actividades ao aire libre durante tres días consecutivos, de 16.30 a 18.00h
Así o primeiro día, o luns 25 de marzo, todos os nenos e nenas que se acheguen a praza poderán participar nunha actividade intereactiva cun contacontos.
O martes 26, haberá diferentes xogos infantís, maquillaxe e globoflexia.
E remataremos estas actividades de Semana Santa o mércores 27 cun gran xogo infantil de Asterix e Obelix.











