Salceda terá o seu stand na Feira Xantar que se celebra en Ourense esta fin de Semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Presentación en Expourense

Presentación en Expourense

As Concellarías de Turismo e Cultura serán as encargadas de acudir, por terceiro ano consecutivo, á FeiraXantar Expourense que se celebrará en Ourense entre os días 6 e 10 de marzo. Mañá terá lugar a presentación da Feira ás 13h no recinto de Expourense, que ten como finalidade potenciar a Gastronomía e Turismo do noso Concello. Dende as Concellarías se quere salientar principalmente o noso Entroido, que conta con máis de 130 anos de historia, espazos naturais para visitar, a Festa da Camelia que terá lugar na vindeira semana no noso concello, e a nosa Festa Gastronómica que é a dos Callos e que ten lugar anulamente o primeiro domingo de Setembro.

O venres será o día adicado ao noso concello, entre outros concellos, que ofrecerá a degustación gratuíta a todos e todas as presentes. Este produto gastronómico se ofrecerá a través da empresa Frigolouro a todas aquelas persoas que desexen probar o produto obxecto da nosa Festa Gastronómica. Ás 16:00 se terá lugar unha actuación do Rancho de Reis representado polos membros da agrupación de O Serán.

Loli Castiñeira, concelleira de Turismo, incide na importancia deste tipo de actos para fomentar a nosa cultura, gastronomía e as múltiples actividades que se están a levar a cabo no noso Concello coa finalidade de dinamizar o turismo e atraer a novos visitantes que non coñecen o noso entorno patrimonial e natural.

Teresa Pérez, concelleira de Cultura e Festexos, incie na importancia deste tipo de eventos para incrementar a presencia de visitantes nas nosas festas e festexos, permitindo que todo o mundo poida ser copartícipe da nosa oferta cultural e das nosas tradicións.

5 de marzo de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.