publicidade hoxe

Salceda de Caselas acollerá na Casa da Cultura unha charla de Producción Ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Charla na Casa da Cultura

Charla na Casa da Cultura

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a asistir á I Charla-Coloquio da Alimentación Saúdable.

O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 do venres 8 de Marzo, para a cal contaremos coa presencia de membros da Fundación Desarrollo Producto Ecolóxico de Galicia, como son Óscar Rancaño que se centrará nos beneficios de cara a saúde do consumo de Produtos ecolóxicos, Nicolás Andión e Alfonso Uzal que nos falaran sobre os proxectos que están a desenvolver de cara á producción ecolóxica.

Rematará o acto cunha mesa redonda á cal están convidados representantes de Bodegas Corisca que producen e comercializan viños ecolóxico, membros da Tabertenda, que se encarga da venta de produtos ecolóxicos en Salceda, e Productores de Agricultura Ecolóxica da zona.

Dende o Concello se quere realizar unha chamada a todos os veciños e veciñas de Salceda para que asistan a esta charla coa finalidade de coñecer as vantaxes que supón de cara a saúde o consumo de produtos libres de químicos, así como a produción e comercio dos produtos.

Tamén se quere iniciar unha nova etapa onde se realizarán charlas que den as pautas básicas de cómo realizar a producción ecolóxica para o autoconsumo.

Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que “é moi importante coñecer as alternativas presentes no mercado para garantir unha alimentación saúdable, nunha época na que existen tantas patoloxías asociadas á mala alimentación e ao consumo excesivo de químicos nos produtos que diariamente inxerimos. Ademáis do problema da saúde relacionada coa alimentación, hai que facer fincapé na destrucción que o cultivo intensivo e os fitocidas empregados crean no solo, volvendo a terra infértil”

4 de marzo de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.