Saiñas organiza o V Festival Infantil de Semana Santa
MAÑÁ sábado, 23 DE MARZO, ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o Vº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.
No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:
-“ARCO DA VELLA” DE SAN MIGUEL DE REINANTE.
-“A MEDA DO CASTRO” DE SADA.
-“ÑÁÑARAS” E “CACHARELAS” de Saiñas de Xove.
Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.
En total van a participar máis de 100 nenos/as e rapaces/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente. En canto á particpación dos distintos grupos, débese a intercambios realizados ou por realizar cos diferentes grupos da nosa Asociación.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.











