Saída de vía na estrada que une Muíño Vello e Leiras en Cambre

Bombeiros acondicionando a zona do sinistro
No día de hoxe sendo as 09.10 h, tras recibir aviso do CAE 112 e Policía Local, o
Servicio Municipal de Emergencias e P.Civil desprazouse á estrada que une Muiño Vello (Pravio) e Leiras (parroquia Cecebre), con motivo dunha saída de Via dun turismo en Leiras, 10, sen lamentar danos persoais, debido ao estado da estrada escorregadizo e moi perigoso por unha vertedura de aceite provocada polo paso dun camión probablemente.
A mancha localizouse en Muiño Vello ata N-VIN altura Guísamo. Os efectivos municipais de Cambre mobilizaron o camión motobomba de 3.000 litros de auga e despois de sinalizada as zonas perigosas e cortada ao tráfico por Policía Local, procedeuse a aplicar dispersante no lugar onde se produciu a saída de vía en Leiras e posteriormente nun tramo de Muiño Vello.
As tarefas de limpeza iniciáronse ás 09:50 e finalizaron pasadas as 12.00 h, empregando 100 litros de dispersante líquido e 3.000 litros de auga.
Durante as tarefas de limpeza unha patrulla de policía local estivo a informar e desviou o tráfico.











