Ruta didáctica para coñecer o mosteiro de San Domingos de Bonaval
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumarase a esta ruta, denominada “Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval”. Será unha visita explicativa dun dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Santiago de Compostela. Os participantes coñecerá nas súas características arquitectónicas e os seus usos na actualidade. O percorrido arrancará ás 18:00 horas da praza 8 de marzo (na Porta do Camiño, ao comezo da rúa de San Pedro).
Para o desenvolvemento desta ruta didáctica contouse coa colaboración do Museo do Pobo Galego, institución á que a Concellaría agradece as facilidades para que o grupo acceda ao mosteiro de San Domingos de Bonaval.











