Ruta didáctica para coñecer o mosteiro de San Domingos de Bonaval

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumouse a esta ruta, denominada “Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval”. Foi unha visita explicativa dun dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Santiago de Compostela. Os participantes coñeceron as súas características arquitectónicas e os seus usos na actualidade.

Para o desenvolvemento desta ruta didáctica contouse coa colaboración do Museo do Pobo Galego, institución á que a Concellaría agradece as facilidades para que o grupo accedera ao mosteiro de San Domingos de Bonaval.

20 de marzo de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.