Rodríguez anuncia que a Deputación concedeu unha bolseira para atender a oficina de turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Ana Belén

Ana Belén na Oficina de Turismo

Ana Belén Varela Souto fíxose coa bolsa de diplomados ou graduados en Turismo con destino no Concello de Lalín dentro da convocatoria da Deputación de Pontevedra de 195 bolsas de prácticas laborais en réxime de concorrencia competitiva e de acordo aos principios de obxectividade e publicidade, destinadas a mozos titulados universitarios sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en temas relacionados coa prestación de servizos municipais.

Así o confirma o edil de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, quen sinala que “a bolseira se incorporará mañá venres á Oficina de Turismo do Concello de Lalín para atender aos visitantes e iniciar así unha nova etapa neste servizo municipal que lle acaba de ser renovado o distintivo SICTED de Calidade Turística”. A duración da bolsa será de seis meses, que poderán ser prorrogados por outros seis, sempre que exista acordo da Xunta de Goberno Local da Deputación.

“O horario de atención ao público será de martes pola tarde a domingo -luns estará pechada- e hai que destacar que se establece tratando de dar a mellor cobertura ás necesidades dos/as usuarios/as, entendendo que é a franxa de mediodía a que presenta máis afluencia de visitantes e que, polo tanto, tratamos de ter totalmente cuberta”. “Ademais os/as usuarios/as da Oficina teñen á súa disposición o enderezo electrónico infoturismo@lalin.org as 24 horas ao día para enviar suxestións ou calquera consulta”, remarca.

“Deste xeito e, xa por días, o horario da Oficina queda do seguinte xeito: os martes estará aberta de 16.00 a 19.30 horas; os mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.30 horas; o sábado de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.30 horas e o domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 17.30 horas”.

Rodríguez Fernández que mantivo un encontro coa nova bolseira para informarlle das súas funcións e cometidos, no que tamén estivo presente o anterior técnico que levaba a Oficina de Turismo, desexeulle sorte nas súas novas tarefas e resaltou a importancia de que “o Concello de Lalín, no que o sector do turismo é unha das bazas fortes da súa economía, conte cunha persoa coa titulación axeitada que poida atender a Oficina de Turismo, polo que agradecemos a Deputación de Pontevedra a concesión desta bolsa para prestar un servizo que, doutro xeito, resultaría inasumible”.

14 de marzo de 2013 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.