Ribadumia convoca o I Concurso de Relatos Curtos en Galego para alumnado da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia convoca a primeira edición do Concurso de Relatos Curtos, destinado para o alumnado da ESO do municipio e que pretende fomentar a lectura e a escritura en lingua galega. Os premios serán de 100 euros para cada modalidade, que se entregarán durante os actos que se van a organizar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

No concurso poderá participar o alumnado matriculado no primeiro ciclo e segundo ciclo da ESO. O relato curto deberá estar redactado en galego, ser orixinal, e non estar premiado en ningún outro concurso. O tema será libre e cada alumno poderá presentar un só relato a concurso.

O prazo para a presentación dos traballos remata o 26 de abril. Os relatos entregaranse no propio centro escolar. Entregarase nun sobre pechado, ao que se debe unir outro sobre en cuxo exterior figurará o título ou lema do relato, e no interior os datos do alumno e o curso no que está matriculado. A extensión do relato será como máximo de dous folios, en formato de documento word, tipo de letra times new roma e interlineado 1,5.

A entrega dos premios será o propio 17 de maio, durante os actos que o Concello de Ribadumia organice para conmemorar o Día das Letras Galegas. Os gañadores terán que ler publicamente o seu relato. E os premios serán vales por valor de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes de Ribadumia.

8 de marzo de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.