Rey Varela presidiu a apertura das XVIII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Apertura das xornadas

Inauguración das xornadas

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a inauguración das “XVIII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia, que entre hoxe e mañá, reunen no campus universitario da cidade a expertos españois e internacionais para debatir ssobre os Límites da Ciencia”. “Ferrol converterase estes días na capital do coñecemento, da filosofía e da ciencia”, destacou o primeiro edil da cidade no discurso inaugural deste simposio.

O rexedor ferrolán destacou que a cidade ferrolá “ademais de naval e militar, é universitaria” . Neste sentido Rey Varela insistiu en que se trata dunha universidade “marcada pola súa xuventude e que se está a facer un oco entre os campus galegos e españois grazas ao seu“potencial científico e cultural”. Ademais sinalou que “temos un Campus Universitario cunha oferta formativa ampla e variada que nos últimos anos forneceu a moitas das mellores empresas do país”. Engadindo que nel está boa parte do noso futuro”.

O alcalde considera fundamentais estas xornadas nas que se citan os mellores profesionais do pensamento metodolóxico nacional e internacional. “Os avances da tecnoloxía e da ciencia provocaron importantes transformacións sociais nos comezos do século XXI”, dixo. “Estes cambios”; dixo, “transforman a sociedade e supoñen alteración no plano dos valores e da ética que debemos estudar para coñecer en primeira persoa os retos da sociedade moderna na que vivimos”, concluíu.

14 de marzo de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.