Rey Varela asina coa rede Afesín o convenio para as axudas ás escolas infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios de colaboración coas escolas infantís da cidade que forman parte da rede de Afesín para a posta en marcha das axudas ás familias para o pago dunha parte importante da matrícula nestes centros. No acto, celebrado no Salón de Recepcións do Pazo Municipal, tamén participou a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.

Rey Varela lembrou que esta anovadora iniciativa  enmarcase no Plan de Oportunidades que está a desenvolver o executivo que preside. “Estamos empezando un camiño novo par o que non haberá restricións económicas”, apuntou o primeiro edil ferrolán. Así mesmo, agradeceu o traballo da Concellería de Benestar Social e a disposición das escolas infantís para a  posta en marcha deste medida, coa que se pretende frear o declive demográfico e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Pola súa banda, Martínez Beceiro lembrou que o Concello de Ferrol concederá bolsas de até 50 euros mensuais para nenos/as con prazas nas escolas infantís. A previsión da Administración municipal é poder abrir o prazo para solicitar estas axudas na primeira quincena do vindeiro mes de abril; e as familias que opten a beneficiarse das mesmas deberán acreditar a prematrícula na escola infantil.

Bases reguladoras

A firma deste acordo de colaboración entre o Concello de Ferrol e as escolas infantís ten lugar despois de que a Concellería de Benestar pechara as bases reguladora desta convocatoria de axudas. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Oportunidades presentado polo alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, e que conta cun presuposto global de 500.000 euros para o presente exercicio de 2013.

Martínez Beceiro explicou que, co obxectivo de que estas axudas poidan entrar en vigor canto antes, inicialmente se inclúen dentro destas axudas os nenos/as nados en 2013 que realicen unha inscrición previa nalgunha das oito escolas infantís concertadas coa Xunta de Galicia que están abertas no municipio: La Salle, Os Meniños, Belén, ABC, San Rosendo, Chip-Chop,. Ludy e Aloha. Ademais, a titular de Benestar explicou que estas becas estarán abertas ao longo de todo o ano e que á rede de escolas infantís que teñen convenio en vigor coa Administración autonómica unirase a partir de setembro a rede pública A Galiña Azul. Así as cousas, as axudas deste programa estarán dirixidas a nenos/as nados este ano e que estean escolarizados tanto na rede pública de escolas infantís como naqueles centros da cidade que teñan convenio coa Xunta de Galicia. Trátase de non excluír a ningún menor que cumpra cos requisitos establecidos nas bases”.

26 de marzo de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.