Rey Varela anuncia un programa intensivo e integral de pintado e sinalización viaria

Rey Varela
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, percorreu hoxe as rúas e prazas de Esteiro para facer un seguimento das actuacións levadas a cabo nos últimos días dentro do novo Plan de Barrios. Así, o primeiro edil da cidade supervisou en persoa o traballo realizado polos servizos municipais e empresas concesionarias nesta zona da cidade, acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente e Urbanismo, e de Servizos, Guillermo Evia e Pablo Cal respectivamente; así como da concelleira de barrio para Esteiro, Martina Aneiros. Na visita tamén participaron os supervisores municipais e responsables das empresas concesionarias dos servizos públicos contratados pola Administración local.
Rey Varela escoitou as valoracións dos representantes veciñais sobre as tarefas acometidas en cada unha das zonas; e, aproveitando a presenza na visita das concesionarias, trasladou in situ as novas demandas dos residentes para acometelas nunha segunda rolda de intervencións que terá o Plan de Barrios. Reparación de calzadas e beirarrúas, eliminación de fochancas, reposición de luces e melloras no alumeado público, rozas, podas de arborado, tarefas de limpeza viaria, actuacións nas redes de abastecemento e saneamento, intervencións en zonas verdes e en parque infantís, etc., formaron parte do intenso traballo executado a través do Plan de Barrios e co que o goberno municipal dará resposta as demandas e necesidades diarias da cidadanía.
Entre as novas demandas feitas hoxe polos veciños ao alcalde, a máis repetida foi a necesidade de acometer o pintado e sinalización viaria. Ao respecto, Jose Manuel Rey Varela avanzou que o goberno municipal acometerá, de maneira paralela a este Plan de Barrios, un plan integral e intensivo de pintado e sinalización que afectará a todo o termo municipal.
Resumo de relación de actuacións executadas en Esteiro
O alcalde fixo un resumo de todas as intervencións levadas a cabo estes días en Esteiro:
1. ACTUACIÓNS DE ABASTECEMENTO E SANEAMIENTO.
– Executadas un total de 19. intervencións de mantemento.
– 4 actuacións de control de calidade. Incluída unha analítica extraordinaria de mostra tomada no Edificio de Apoio ao Estudo na Avenida de Vigo.
2. ALUMADO PÚBLICO:
– Un total de 234 tarefas realizadas en 18 puntos do barrio: limpeza de máis de 200 farolas (retirada de pegatinas, etc); 15 puntos de luz reparados; arranxo de 7 báculos; substitución de 5 difusores e de 3 registros de arqueta.
3. LIMPEZA E RECOLLEITA DE RESIDUOS.
– Roce e chapeo, especialmente nos solares da Avenida de Esteiro.
– Lavado e baldeo de forma manual das beirarrúas. Blanqueado de calzada nas prazas mediante baldeo a presión. Ademais dun baldeo mecánico polas rúas do barrio.
– Varrido mecánico: reforzouse no que se realiza semanalmente.
– Limpado de graffitis en prazas e outros espazos públicos.
– Limpeza e comprobación de funcionamento de sumidoiro.
– Limpeza e reparación ou substitución de contenedores.
– Limpeza, lavado e mantemento de papeleras.
4. ZONAS VERDES,
– Traballos de poda en 566 exemplares. Nestas tarefas inclúense todos os correspondentes á tempada de poda (desde mediados de xaneiro ata o 15 de marzo).
– Traballos de apeo controlado (talla). Eliminouse un exemplar de castiñeiro nas Vecinales (monumento Guillermo Quintana) por ter un grado moi avanzado de deterioro, co consiguiente risco de rotura de ramas e/ou tronco).
– Traballos de mantemento de macizos, parterre e bordura: sega de todas as zonas verdes do barrio, a limpeza dos alcorques, desherbado de macizos, aporte de acolchado e as limpezas diarias e semanales das zonas verdes.
– Plantaciones: Un total 780 flores nas prazas 11 de marzo, Guillermo Quintana, Himno Galego e avenida de Esteiro.
– Repuxéronse 16 taboleiros en bancos do barrio.
– Instaláronse 12 letreros de prohibición de acceso de cans ás zonas verdes.
– Instaláronse 6 bancos de hormigón.
5. PARQUES INFANTÍS E BIOSALUDABLES
– Traballos de revisión, limpeza, pintado, reposición e reparación de elementos nas tres instalacións existentes en Esteiro: zona biosaludable e área de xogos infantil do parque Pablo Igrexas; e no parque infantil situado fronte ao pabellón de Esteiro.
6. ACTUACIÓNS EN VIALES E BEIRARRÚAS
– Executadas 17 actuacións: 10 de reparación de calzada e 7 en beirarrúa. Nestes momentos, estanse realizando outras catro reparaciones en beirarrúas e hai dúas máis programadas: 1 en calzada e outra en beirarrúa.
– Rúas nas que se traballo: Rúa Soto, Naturalista López Seoane, Carlos III, San Ramón, diante da Casa do Patín, Españoleto, etc…
7. PRESENZA POLICIAL
– De luns a venres, presenza no barrio de dous policías en quenda de mañá e tarde (Son 4 horas de presenza diaria).











