Reunión do Comité de Irmanamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Comité de Irmanamento da Laracha reuniuse hoxe no Salón de Plenos do Concello nunha xuntanza convocada para informar aos seus membros da viaxe que un grupo de 26 persoas de Olonne sur Mer realizarán ao noso municipio a primeiros de xullo para asistir á Feira das Cereixas de Paiosaco, a máis importante das festas gastronómicas que se celebran ao longo de todo o ano no Concello da Laracha.

No Comité de Irmanamento, que está presidido polo alcalde, hai representantes das entidades culturais e deportivas máis destacadas do municipio, así como dos tres grupos con representación na Corporación Municipal.

O grupo de olonnais aproveitarán a visita para coñecer outros puntos do Concello da Laracha, a Costa da Morte e Galicia.

Desde que os municipios da Laracha e Olonne sur Mer se irmanaron oficialmente en 2010, cada ano se realizan intercambios e viaxes coincidindo con datas de especial significado pola celebración de importantes eventos ou actos festivos en ambas localidades.

6 de marzo de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.