Responsables da Armada ultiman os preparativos da procesión da Virxe da Esperanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Alcalde, José López Orozco, mantivo esta mañá unha breve entrevista cos responsables da Armada que viaxaron hoxe á nosa cidade para ultimar os preparativos da participación da Armada nos actos da Semana Santa en Lugo.

Logo do encontro, no que tamén participaron a Presidenta e o Tesoreiro da Cofradía da Virxe da Esperanza, así como Xefe da Policía Local e persoal de Protección Civil e de Protocolo do Concello, a delegación da Armada recorreu o itinerario que seguirá a Procesión.

Os actos, que terán lugar o Luns Santo, día 25, comezarán ás 12.30 horas coa chegada á Praza Maior do Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Manuel Garat Caramé.

A Procesión da Virxe da Esperanza sairá ás 20.30 horas da Igrexa da Nova e seguirá o seguinte itinerario: praza Anxo Fernández Gómez, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, fondo da Praza Maior, Conde Pallarés, Santo Domingo, Raíña, Praza Maior (diante do Concello) e remate na praza Anxo Fernández Gómez.

19 de marzo de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.