Rematan os obradoiros sobre a música dos Cantos de Taberna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

O edificio do antigo Conservatorio de Música, situado na rúa Alfonso XIII, acolle mañá pola mañá o último dos obradoiros incluídos dentro da programación de Cantos de Taberna.  Impartirase entre as 10.00 e as 14.15 horas.

Estes obradoiros pretenden introducir ás persoas interesadas nos Cantos de Taberna nos seus ritmos, música, letras… De feito, tratouse dunha
petición das persoas que participaron nestes cantos na súa primeira edición. O obradoiro está impartido por María Arribe, mestra do Grupo de Música Tradicional Maravallada.

Os Cantos de Taberna volven aos bares do centro histórico o vindeiro vernes, 22 de marzo da man de Maravallada. Aínda que se celebran os
últimos venres de cada mes, nesta ocasión diántase ao penúltimo por ser o vindeiro festivo (Venres Santo). A actuación será nos locais: Contribución e Estafeta.

As vindeiras citas serán:

– 26 de abril: Lareira e Rebusco

– 31 de maio: Timón e Pasaje

– 28 de xuño: Reixas e A Navarra

Entre as novidades desta edición está reducir de tres a dous os locais que se visitarán cada noite. Era unha das peticións das persoas que gozan desta programación dado que cando comezaban a cantar ou a animarse, os grupos xa tiñan que cambiar de bar. Por este motivo, redúcese a dous e o horario é de 21.00 a 00.00 horas.

15 de marzo de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.