publicidade hoxe

Recuperación posparto na Piscina Climatizada da Pobra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

Nas instalacións da Piscina Climatizada da Pobra do Caramiñal, poñen en marcha unha nova actividade dirixida a tódalas mulleres que desexen recuperar o seu estado físico logo do embarazo.

Son moitas as mulleres que durante o embarazo caen no sobrepeso ou teñen problemas de circulación, a elas van dirixidas as xornadas desta iniciativa coa fin de que poidan recuperar o seu ton físico.

Os días nos que se levará a cabo son o luns e o mércores de cada semana a partir das 19:15 h. cunha duración de 40 minutos para cada sesión.

As interesadas en anotarse ou ter máis información poden dirixirse ás instalacións da Piscina Climatizada da Pobra.

8 de marzo de 2013 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.