“Qué tan lejos” pecha o ciclo de cinema con motivo do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

20130321-5O salón de actos municipal acollerá mañá ás 19.00 horas a proxección da última película do ciclo de cinema organizado con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo. Nesta ocasión, a quenda é para a cinta ecuatoriana “Que tan lonxe”, dirixida por Tania Hermida.

A película narra a historia de Esperanza, unha turista española quen chega a Ecuador coa intención de coñecer o país. Teresa, estudante ecuatoriana, e que se lle presenta como Tristeza, úneselle mentres espera atoparse no camiño co mozo ao que ama. Facendo aventón, en metade dunha folga nacional, soas ou en compañía doutros, ambas as mulleres emprenderán unha singular viaxe no que aprenderán tanto da outra persoa como do país que as rodea. E sobre todo, de si mesmas.

21 de marzo de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.