publicidade hoxe

Protocolo contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDodroLocal
A-
A+

20130304-15O Concello de Dodro a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, comprometido coa Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres, pon en marcha unha serie de actos en conmemoración do Día Internacional da Muller, 8 de Marzo; entre os que destaca a presentación do Protocolo Municipal Contra a Violencia de Xénero. Un documento que pretende ser a ferramenta de actuación dende a que aunar esforzos, co fin de proporcionar unha resposta axeitada e eficaz ante os casos de maltrato; mediante a creación dun sistema global de prevención e protección das mulleres vítimas da Violencia de Xénero.

Comprometidos coa realidade inmediata, a concellería veu a necesidade de crear unha serie de pautas eficaces dirixidas a coordinar os diferentes departamentos que deben intervir ante unha situación de Violencia Machista.

 Tal e como se establece nun primeiro díptico divulgativo elaborado para dar a coñecer  o propio protocolo; “ A Violencia de Xénero non é un asunto privado do ámbito familiar, nin tampouco unha problemática do sexo feminino. Este tipo de Violencia supón a violación expresa dos Dereitos Humanos, e atinxe contra a dignidade de toda a sociedade. Polo que a súa erradicación supón un compromiso institucional de primeira orde”.

Baixo esta premisa, unha comisión de traballo multidisciplinar, formado polos/as profesionais que, dende as súas disciplinas poden ser testemuñas directas ou indirectas dos problemas relacionados coa violencia machista; estiveron a traballar conxuntamente co fin de establecer un protocolo integral de actuación ante os casos de violencia exercida por razóns de sexo.

As reunións de traballo foron levadas a cabo no Salón de Plenos do Concello de Dodro, contando coa participación do persoal de Servizos Sociais, persoal de sanidade Pública do Concello, de corpos e forzas de seguridade cidadá e do estado, protección civil e emerxencias, administración de Xustiza e persoal dos centros educativos do concello.

 Durante os primeiros encontros o equipo foi asesorado por unha avogada  co fin de centrar o tema e clarificar o procedemento xurídico ante este tipo de problemática.

O intercambio de opinións e o debate así como a revisión de distintos materiais, serviu para dar os primeiros pasos en canto o esbozo de dito documento. Un documento que despois de meses de traballo e revisión constante, e de contar coa implicación de todos os axentes sociais mencionados/as, ao fin se presenta o 5 de Marzo as 12:00 da mañá no Salón de Plenos, dando comezo aos actos do Día Internacional da Muller, sendo pois unha forma clara de visualizar e reivindicar que, dende Dodro se está a traballar en prol dunha sociedade mais xusta e igualitaria.

4 de marzo de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.