Propostas culturais do Concello de Rianxo para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Dentro do programa cultural educativo Elas Realízan(se) organizadas pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo en colaboración con diferentes entidades terá lugar:

CONCERTO UGIA PEDREIRA E FRED MARTINS dentro do programa de Rede de Músicas Soltas

DÍA: venres 22 de marzo

HORA: 20.30 h.

LUGAR: Auditorio de Rianxo

Comeza o programa Rede de Músicas Soltas co concerto de Ugia Pedreira e Fred Martíns onde interpretarán temas do seu traballo Acróbata, música sabrosa con cheiro ao mar Atlántico da banda máis tropical da beira occidental e da catárquica da mariña lucense.

A Rede de Músicas Soltas é un ciclo de seis concertos promovido polo Concello de Rianxo e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, de músicas en pequeno formato e por músicos galegos ou residentes en Galicia ao redor da música popular e os seus universos.

As entradas pódense adquirir 30 minutos antes do concerto e teñen un custe de 5 € existindo un bono para os 6 concertos por 20 €.

CONCERTO MÚSICA DE CÁMARA a cargo do grupo de Ensembles da Escola de Música de Rianxo

DÍA: sábado 23 de marzo

HORA: 20.30 h.

LUGAR: Auditorio de Rianxo

A Escola de Música de Rianxo deleitanos cun Concerto de Música de Cámara onde actuarán o grupo de Ensembles interpretando diferentes pezas.

Ademais desenvolveranse outras propostas culturais como son:

Conferencia de Xadrez: “Viaje por el fascinante mundo del Ajedrez” por Leontxo García.

DÍA: Sábado 23 de marzo

HORA: 12.00 h.

LUGAR: Auditorio de Rianxo

21 de marzo de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.