Programa da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín” 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

20130315-3Durante o 16 e 17 de marzo, a localidade de Verín acollerá a celebración da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, no que se desenvolverán as seguintes actividades:

Sábado 16 de marzo de 2013

– 09.00 horas: IV San Lázaro Intercentros de Fútbol-7 (Complexo deportivo A Granxa).

– 10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta. Inauguración da Feira do Lázaro 2013.

– 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitoras, xogos infantís durante todo o fin de semana- (Pavillón Feiral).

– 10.00 horas: Torneo de Natación do Lázaro (Piscina Climatizada).

– 10.30 horas: VI Concurso Gastronómico ‘Cigarrón de Verín” (Pavillón Feiral).

– 11.00 horas: Partidos das Escolas Deportivas do Concello de Verín (Complexo deportivo de A Granxa): EDC Verín Benxamín  FS- Carmelitas.

– 11.30 a 14.00 horas: Obradoiro infantil de maquillaxe (Pavillón Feiral).

– 12.00 horas: Cualificación da colleita 2011 da Denominación de Orixe Monterrei (Casa do Escudo).

– 12.00 horas: Partidos das Escolas Deportivas do Concello de Verín (Complexo deportivo de A Granxa): EDC Verín Infantil FS- Colexio Liceo.

– 14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 16.00 horas: Baloncesto masculino: CB Xuventude Verín – AB Xinzo (Complexo deportivo A Granxa).

– 16.00 horas: Partidos das Escolas Deportivas do Concello de Verín (Complexo deportivo de A Granxa): EDC Verín Cadetes – EM Arenteiro.

– 17.00 a 20 horas: Obradoiros de ecoloxía, reciclaxe, bonecas e títeres (Pavillón Feiral).

– 18.00 horas: Baloncesto feminino: CB Xuventude Verín – AB Xinzo (Complexo deportivo A Granxa).

– 19.00 horas: IV Torneo de Fútbol de Veteranos:  A.D. Veteranos Verín e G.D. Chaves  (Complexo deportivo A Granxa).

– 19.00 horas: Exhibicións e obradoiros de baile e acrosport (Pavillón Feiral).

– 22.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 00.30 horas: Actuación nocturna da orquestra Israel Espectáculo (Prazas García Barbón e Maior).

Domingo 17 de marzo de 2013

– 10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta.

–  10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitoras, xogos infantís durante todo o fin de semana- (Pavillón Feiral).

– 10.00 a 14.00 horas: Obradoiros de contacontos (Pavillón Feiral).

– 11.00 horas: Partidos das Escolas Deportivas do Concello de Verín (Complexo deportivo de A Granxa): EDC Verín Infantís – CD Velle.

– 11.30 horas: Procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial, acompañada pola Banda de Música de Vila Verde da Raia.

– 14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 15.00 horas: II Torneo de Xadrez Chaves-Verín na praza A Merced (organizado por CDR Portas Abertas e Club de Mesa de Tenis e Xadrez de Chaves).

– 18.00 horas: Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín (Pavillón Feiral).

– 19.00 horas: Actuación vespertina da orquestra Trébol (Prazas García Barbón e Maior).

– 19.00 horas: Actuación grupo Candaira (Pavillón Feiral).

– 19.30 a 21 horas: Manualidades, obradoiros de cociña infantil, maquillaxe facial con aerógrafo e tatuaxes (Pavillón Feiral).

– 21.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

Ademais, ata mañá, a Casa do Escudo acolle a exposición ‘Descubre as Cooperativas’, organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo.

Por outra banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AECOM), en colaboración co Concello de Verín, co obxectivo de seguir promocionando os produtos tradicionais da comarca promove a cuarta edición ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. nha iniciativa asentada na realización de menús específicos, durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 17 e 21 euros nos seguintes restaurantes: O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, San Roque, Brasil, Casa Manola e Parador de Turismo de Verín. Con todo, esta iniciativa contará este ano cunha importante novidade: a colocación da carpa ‘Puertas de Galicia’ nos exteriores do Pavillón Feiral, no que os/as verinenses e visitantes poderán coñecer un menú degustación de bacallau e cabrito, cun prezo de 23.5 euros, e que está conformado por os seguintes pratos: Carpaccio de bacallau e Cabrito a baixa temperatura (Premio Gran Cigarrón 2012) coma primeiros, e Ensalada de arroz salvaxe con virutas de cabrito e Bacallau ao forno de segundos, ademais dunha sobremesa especial AEHCOM e viños da Denominación de Orixe Monterrei (os/as asistentes poderán acudir a esta carpa ben o sábado noite ou o domingo 17 de marzo no xantar).

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones  Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Aopil SL, Esinor, AEVER-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín) e AEHCOM.

15 de marzo de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.