Programa Benestar en Balnearios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal
A-
A+

O Departamento de servizos sociais do concello da Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes no Programa BENESTAR EN BALNEARIOS da Xunta de Galicia ata o próximo día 12 de abril do 2012.

O programa oferta a modalidade  de “Balnearios” opción  de “todo incluído”:

Requisitos:

a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, no compensados, que poidan alterar a normal  convivencia  durante o transcurso da quenda.

e)    Precisar o tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica  para a recepción dos mesmos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións doa apartados b), c),d),e).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d), e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

20 de marzo de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.